jueves, 23 de noviembre de 2023

CHARLA SOBRE A RECICLAXE

     Este martes asistimos a unha charla sobre a reciclaxe e volveron a incidir na necesidade de reducir, reutilizar e por último reciclar. Tarefas que son moi necesarias e non sempre somos quen de levalas a cabo. Pois ben, dende o cole estamos a mellorar os nosos hábitos e queremos facelo moi ben. Somos moi conscientes da necesidade de mellorar o proceso de tratamento dos residuos. 


Charla sobre a reciclaxe do programa Revitaliza.