Hoxe foi día de excursión e viaxamos a Vigo para ver unha representación teatral sobre unha das obras do escritor Jules Verne, "20.000 leguas de viaxe submarina".
Gozamos dun espectáculo de luz, son e intriga amosándonos o lixo que vai chegando ao mar e o que se atopa nas profundidades.
Ao saír, merendamos no Parque de Castrelos e xa que non puidemos ir aos columpios demos un pequeno paseo.
Cando empezou a chover voltamos ao cole!
Que ben, xa non chove!