Imos facer galletas de Samaín! Esta é unha receita de medo!
Ingredientes:
- 300 g de fariña
- 130 g de manteiga
- 70 g de auga
- Un chisco de sal
- 50 g de azucre
- Un sobre de lévedo en po
Para decorar: azucre moído
Mesturamos moi ben todos os ingredientes ata obter unha masa esponxosa. A seguir estendemos a masa encima de papel vexetal, medio centímetro de grosor, e cortamos con moldes de medo. Por último metemos no forno uns doce minutos a 180 ºC de temperatura.
Preme na imaxe para visualizar a tarefa!