viernes, 10 de diciembre de 2021

Mel de Galicia

     A exposición en imaxes e accesorios para a cría, coidado e atención ás abellas resultou moi interesante. Faláronnos do enxame de abellas, da raíña, das obreiras e dos abázcaros. Tamén puidemos ver o traxe axeitado para visitar as colmeas, o afumador, as alzas na imaxe e as medias alzas cos restos de cera. 

    Agora xa sabemos que o mel ten cores diferentes segundo o tipo de flor que visiten as abellas.

    A charla foi moi interesante e a monitora agasallounos cun botiño de Mel de Galicia e unha libretiña de notas. Tamén nos lembrou ler a etiqueta do mel para saber de onde procede.

Grazas por darnos unha inforamción tan interesante!

Que rico!