Explicáronnos que una boa hixiene bucodental precisa de hábitos de cepillado, emprego de fío dental, enxaugues e visitas periódicas ao dentista e hixienista bucal. Sen deixar de lado o control da inxesta de alimentos ricos en azucre como os doces, as bebidas con gas … que provocan moitas enfermidades nos nosos dentes.
Tamén nos falaron sobre a placa bacteriana, o sarro, a xenxivite e a carie dental, problemas ocasionados na maioría dos casos por unha incorrecta ou insuficiente hixiene bucal.
Os xogos e as actividades realizadas resultaron moi divertidas e aprendemos moito!
Grazas por facer que fose divertido!
No hay comentarios:
Publicar un comentario