Estamos a traballar a Prehistoria. Esa época tan interesante na que aparece o ser humano e a loita pola supervivencia é algo moi serio. A partir das informacións que atopamos podemos imaxinar como era a vida hai máis de 5.000.000 de anos. Tamén nos sorprende os descubrimentos que se realizaron e os inventos que tiveron lugar neses tempos. Homes e mulleres que descubriron o lume, inventaron a roda, o muíño de man, o tear …
No Paleolítico vivían en tribos e no Neolítico xa formaron aldeas. Era necesario vivir en sociedade para poder sobrevivir e cada un dos compoñentes do grupo tiña unha responsabilidade.
Tamén descubrimos que pintaban sobre as rochas e representaban escenas de caza, danzas, música … QUE INTERESANTE!
O noso Proxecto é sobre a danza e a música nas pinturas rupestres.

No hay comentarios:
Publicar un comentario