viernes, 9 de noviembre de 2018

APRENDENDO OS MINERAIS E AS ROCHAS


       
       O venres recibimos a visita de Bea, a “mamá” de Ivo, que é profesora de Bioloxía e Xeoloxía en Secundaria.

       Con ela aprendemos moitos minerais  como: a oxidiana, a pirita, a magnetita… ademais de repasar as súas propiedades: brillo,dureza,etc. Tamén puidemos comparar as diferenzas entre os distintos tipos de rochas: sedimentarias, volcánicas e magmáticas.

       Tivemos a oportunidade de poder manipulalos, observando entre outras cousas as distintas cores e formas,comprobar como flota a pedra pómez e incluso probar algún.

       Agradecemos a colaboración de Bea con esta exposición tan interesante.



                                                           "mineral cristalizado"






No hay comentarios:

Publicar un comentario