sábado, 25 de noviembre de 2017

25N: BASTA XA!

Esta semana, dado que o sábado é o Día contra a violencia de xénero, estivemos a reflexionar na aula por onde podemos comezar para que non teñamos que lamentar máis maltratos, máis mortes (que xa van 44 este ano) nin máis discriminación sexual.

Cada día limos un conto que nos fixo plantearnos que debemos comezar por asumir que todos, homes e mulleres, temos os mesmos dereitos e as mesmas responsabilidades.


Rosa Caramelo, A historia dos bonobos con lentes e Artur e Clamentina (de Adela Turín) e O libro dos porcos (de Anthony Brown) foron as lecturas escollidas para establecer o debate.

Falamos tamén desas pequenas diferencias (esas que marcan moito) que, no día a día, se establecen entre nenos e nenas no relativo a axudar nas tarefas da casa, aos xoguetes que reciben como agasallo, ás cores coas que visten...

Eles son os primeiros que non teñen prexuízos, polo que non debemos crearllos. Como ben dixeron varios deles: "É moi inxusto que pensemos que certas cousas teñen que facelas só as mulleres ou só os homes".


Como remate final, e aproveitando unha actividade proposta dende a Biblioteca do centro (ver aquí) e a idea de Paula, pensamos slogans para camisetas co obxectivo de transmitir todas estas ideas non sexistas, sempre en positivo.

O resultado foi marabilloso! Eles mesmo pintaron as súas camisetas.

Aquí tedes o resultado final!








1 comentario: