lunes, 19 de diciembre de 2016

O NOSO FOGAR NO ESPAZO!

O Sistema Solar

Nun pequeno lugar dunha galaxia chamada Vía Láctea atópase o noso S. Solar. O noso vello Sistema Solar con 4.568 millóns de anos. Cantos anos! Que xira a 200.000 km/h. Que rápido!

No centro  atopamos unha estrela: o Sol!  A nosa fonte de enerxía e calor!

Arredor do Sol xiran os planetas principais, algúns planetas ananos e millóns de asteroides e cometas. Que mareo!



Entre todos fixemos unha longa viaxe por ese anaquiño de Universo, con estrelas, luces de cores e puntiños de ilusión.

O Principiño preguntábase se as estrelas alumean para que algún día cada un poida atopar a súa (Antoine de Saint-Exupéry).



No hay comentarios:

Publicar un comentario