Parece mentira que un día de vendima dera para tanto!
O 22 de setembro, convidados polos veciños, fomos vendimar unha leira ao lado do cole e tiñamos moitas ganas de aprender máis sobre esta actividade tradicional tan bonita.
Xurdíronnos dúbidas sobre os tipos de viño, o proceso de elaboración do mesmo, como coidar as vides... así que puxémonos mans á obra para solucionar o problema.
A profe axudounos a buscar as fontes de información, que foron impresas, dixitais e orais.
![]() |
Este foi o libro que empregamos para buscar información |
Tivemos que traballar moito e moi duro para obter estes resultados. Elaborar entrevistas; buscar, resumir e organizar información en libros e páxinas Web; facer unha presentación de diapositivas no ordenador e expoñela; elaborar unha bibliografía... A verdade que tardamos un pouco, pero pagou a pena!
Paso a paso elaboramos o noso viño... |
Limpar o que ensuciamos forma parte da tarefa! |
Pintamos o fondo do noso mural co zume de uvas |
Empregando as unidades de volume para aber canto viño saíu |
Cunha sinxela regra de tres soubemos canto azucre precisabamos... |
Aquí tedes os traballos feitos polos tres grupos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario