sábado, 10 de enero de 2015

VISITA AO MUSEO DO MAR

O venres 9 de xaneiro os nenos e nenas do 2º ciclo foron de visita ao museo do mar.
Alí, fixeron dúas actividades diferentes:

Os alumnos de fixemos Unha viaxe a través do tempo. Xogamos a ser arqueólogos: descubrimos os castros, as características do exército romano, as armas celtas e romanas... e mesmo probamos traxes da época e practicamos co arco!



Os alumnos de visitaron a exposición O planeta azul. Historia da ciencia e o mar e convertéronse por momentos en científicos. 
A evolución da vida no mar, as lendas sobre os monstros mariños, as teorías dos grandes científicos (Linneo, Darwin...), os animais máis grandes que habitan o océano, a clasificación dos seres vivos mariños...
Para rematar, fixeron unha visita ao acuario... Impresionante!

Para completar a mañá, fomos merendar á beira do mar e xogamos pola praia. A verdade e que nos encanta saír de excursión!

Xogando no parque

Pasámolo en grande!

Correndo pola praia

Facendo castillos

No hay comentarios:

Publicar un comentario