Que ben o pasamos! Cantas cousas aprendimos!
Ao chegar a Vigo, fomos visitar a exposición Peces de plástico, no edifición Cambón (no que está o Museo do Parque Natural das Illas Atlánticas).
Alí vimos as obras de Wolfgang Trettnak, feitas co lixo recollidos nas praias e nas augas do mar... Cantos residuos deixamos os humanos!
Os cadros eran moi bonitos: había medusas feitas con bolsas plásticas; peixes feitos con botellas; fondos mariños feitos de redes...
Gustáronnos moito e nos fixeron pensar nos problemas da contaminación e da sobreexplotación. Sabíades por exemplo que o atún vermello está en perigo de extinción porque en Xapón é un prato delicioso?
Premede na imaxe para ver as fotos que fixemos no museo.
Ao rematar, fomos xogar un ratiño á Praza de Compostela, no centro da cidade e, finalmente, acudimos ao Centro Cultural Afundación, para ver alí a obra de teatro titulada Antía, Wamba e o regato pequeno.
Nela falaban de compartir, de axudarse os uns aos outros, de non pelexar, de porse no lugar do outro...
Aquí vos deixamos algunhas fotos :)
| Brais, ao comezo da actuación |
| Paula, de 4º, participando nun dos contos |
| Marta, contando o segundo conto |
| Batería feita con cubos de lixo, cinta adhesiva, caixas de plástico... |
| Todo o 2º ciclo con Brais, ao rematar a obra |

No hay comentarios:
Publicar un comentario