lunes, 2 de marzo de 2026

RECOMENDANDO LIBROS

 

    O pasado xoves, 26 de febreiro, Andrea, da libraría Libraida https://www.libraida.es/es/ (Gondomar), visitou a nosa Biblio. 

Explicounos en que consiste o seu traballo e o moitísimo que le todos os días para poder receitar, coma se fosen máxicas menciñas!, a lectores e lectoras, aquelas historias que precisamos en cada momento,  para poder gozar así das aventuras que agardan a ser lídas por nós.

Recomendounos tamén unha chea de libros a mar de interesantes!!! Quedamos abraiados e abraiadas  de tantos libros e contos como coñece e, sabedes o máis importante? Co seu entusiasmo, transmitiunos o moito que ama os libros e a lectura!

Moitas gracias Andrea pola túa visita! Queremos ler todas todiñas as  historias que nos recomendaches!!!

Dixamos estas fotiños para que vexades o xenial que foi esta visita.






viernes, 27 de febrero de 2026

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

     Estivemos a recitar poemas da nosa querida Rosalía, tamén lemos estrofas sobre o seu Herbario, e entre os padriños lectores e afillad@s cociñamos tod@s xunt@s. Fixemos pan de millo!





Que aproveite!






martes, 17 de febrero de 2026

ENTROIDO 2026

    As comparsas amosaron o Entroido de distintas zonas de Galicia: pitas, folións, pantallas, merdeiros, damas e galáns ... Os traxes foron realizados con moito mimo por todo o alumnado. O segundo ciclo optou por ir de merdeiros, personaxes populares propios do entroio de Vigo. O seu obxectivo é amolar a xente que quere festexar o evento.

    Grazas familias por animarnos, aplaudirnos tanto e participar tan positivamente no entroido do cole. 

  
Dende a cidade das luces chegan "Os Merdeiros"

     

Premer sobre o xirasol para video 🌻 e sobre o trevo para fotos🍀!!!


      


viernes, 6 de febrero de 2026

O ENTROIDO ESTÁ A CHEGAR

     O Meco é un mandón e para o luns ...

   
    ... coma un esquío na natureza e un pano na cabeza!!!

martes, 3 de febrero de 2026

REPOSTEIR@S MOI ESPECIAIS

     Estivemos a traballar uns textos moi ricos: "as receitas". E fixemos uns doces moi especiais, madalenas, que acompañamos cun chocolate quentiño.

    Por grupos fomos mesturando os ingredientes, despois de empregar as cantidades que nos indicaba a receita. Quentamos o forno ata 180 ºC.  A seguir botamos a masa nas cápsulas de madalenas e enfornamos durante 15 minutos. 

  Cando xa estaban listas engadimos febras de chocolate.



Que aproveite!!!