Estivemos a traballar uns textos moi ricos: "as receitas". E fixemos uns doces moi especiais, madalenas, que acompañamos cun chocolate quentiño.
Por grupos fomos mesturando os ingredientes, despois de empregar as cantidades que nos indicaba a receita. Quentamos o forno ata 180 ºC. A seguir botamos a masa nas cápsulas de madalenas e enfornamos durante 15 minutos.
Cando xa estaban listas engadimos febras de chocolate.
Que aproveite!!!

