O mércores, 28 de maio, fixemos unha excursión a Santiago de Compostela.
Primeiro visitamos o Parlamento Galego. Un guía amosounos as distintas salas do Pazo do Hórreo, sede actual do Parlamento Galego, o salón de plenos, salas de comisións, biblioteca, salón dos reis...
O Parlamento alberga unha variada e valiosa colección de arte galego: pintura e escultura.
Para entrar tivemos que pasar por un arco de seguridade e as profes tiveron que amosar os documentos de identidade.
No salón de plenos explicáronnos o funcionamento e a organización política e representativa dos galegos.
Tamén estivemos na biblioteca e indicáronnos o xeito de solicitar un libro para consultar ou levalo en empréstito.
Ao finalizar a visita despedímonos e fomos ao Parque Vista Alegre para merendar e xogar un pouco.
Despois dirixímonos á Catedral, entramos caladiños, tocamos a figura de Santiago, fixemos un percorrido polo interior e fotos no exterior.
A seguir buscamos un lugar para comer e descansar. Logo mercamos uns xeados, fomos aos servicios públicos da Alameda e voltamos para onde estaba o bus esperándonos.