jueves, 22 de mayo de 2025

CANTAREIRAS DO GRUPO "ESTRALOQUE"

     Este mércores, día 21 de maio, recibimos no cole unha visita moi especial: O Grupo de Cantareiras "Estraloque" de Navia.

    Fixémoslle unha entrevista na radio e a seguir, no salón de actos, amosáronnos instrumentos artesanais sonoros que empregan para facer música. Deixáronnos tocar con elas e cantaron varias pezas musicais.

    Gustounos moito a súa actuación!!! 




Sesión de radio coas Cantareiras do grupo "Estraloque"!




Grazas pola visita e apertas de tod@s @s nen@s do Serra Vincios!!!