lunes, 3 de febrero de 2025

XINCANA DE XOGOS POLO DÍA DA PAZ

     O xoves, día 30 de xaneiro, celebramos o "Día da Paz e non violencia". 

    Organizáronse unha serie de xogos colaborativos no patio do cole para desfrutar das creacións que realizaron as familias e compartir espazos, xogos, experiencias e convivencia nos grupos.

    Unha vez realizados os retos fomos completando unha tarxeta cos  aros olímpicos e as letras que forman a palabra PAZ.

    A finalidade da actividade non só foi a convivencia interciclos e os xogos no patio senón tamén reunir produtos non perecedoiros, alimentación e hixiene, para donar ao banco de alimentos de Gondomar.

   

  
Clicar na imaxe para ver a montaxe!
Que orgullosos estamos coas tarxetas acreditativas con aros olímpicos, a palabra PAZ e a pombiña! Grazas familias!

                            Entrega de alimentos e produtos de hixiene no "Banco de alimentos de Gondomar".