Estivemos a traballar sobre as rochas e os minerais: os tipos de rochas, a súa orixe e formación, os volcáns, as diferentes formacións magmáticas, as rochas que teñen magnetita, as cores dos minerais, a escala de Mohs para coñecer a dureza ...
Despois de moito esforzo e traballo decidimos organizar unha exposición e invitar ao alumnado do cole. Que nervios! Tivemos que explicar as características de moitas rochas e as curiosidades dalgunhas delas.