Este luns asistimos a un taller sobre compostaxe e separación de residuos impartido por unha mestra composteira dentro das actividades dirixidas ao alumnado de centros educativos que organiza o Concello de Gondomar.
Estivemos a separar distintos restos e asocialos ao colector correspondente. Tamén amosamos o composteiro onde deixamos o lixo e restos indicados para facer compost.
Xa levamos tempo traballando polo medio ambiente e imos seguir protexendo o planeta na medida do posible.
Animamos a tod@s a reciclar e a usar os composteiros, ben sexan particulares ou comunitarios.
O noso ciclo está moi sensibilizado coa compostaxe e recollida selectiva de residuos, animamos a tod@s para que recicledes e axudedes a coidar o medio ambiente!