Esta semana tivemos unha sesión de Contacontos na biblioteca. A profe María contounos tres contiños moi simpáticos e coñecidos pero que cambiaron un pouquiño.
O título do libro é "Cámbiache o conto" de Pinto e Chinto, dúo de humoristas gráficos, formado polo debuxante David Pintor e o guionista Carlos López.
María relatounos os acontecementos dun xeito moi simpático e fixo que resultara moi interesante.