Este xoves tivemos uns obradoiros para analizar e concienciarnos sobre os perigos que presentan os microplásticos nas nosas vidas, xa que os podemos atopar nas augas dos ríos, nas augas do mar, na terra, no areeiro ...
Dende a Deputación de Pontevedra estanse a executar programas en colaboración co Centro de Referencia para a Educación Ambiental de Galicia e ofrecen obradoiros e charlas orientadas á reciclaxe, compostaxe, redución no consumo e reutilización de materiais.
Na actividade contamos cos monitores do Programa Revitaliza e coa visita do Presidente da Deputación de Pontevedra que aproveitou a actividade para presentarnos o programa "Ponte a Zero" que ten como obxectivo fomentar a reciclaxe e a separación de residuos.
Observamos, con lupas e microscopios, os microplásticos que se atopaban na area das mostras. Había moitos e comprometémonos a ser responsables e tratar de reducilos.