miércoles, 29 de noviembre de 2023
VISITA Á FUNDACIÓN MINERGAL
Este mércores visitamos o Museo de Minerais de Galicia, Minergal. Nuria, a xeóloga encargada de amosarnos a exposición, deunos unha información moi importantes sobre as rochas e os minerais que se atopan nas salas. Puidemos ver rochas magmáticas, sedimentarias e metamórficas. Nós xa sabiamos que as rochas están formadas por minerais e son moitos os expostos neste centro do granito no Porriño.