miércoles, 2 de noviembre de 2016

SAMAÍN

Xa di o refrán que " A horta no Outono mantén ao seu dono". E puidemos comprobar a gran variedade de froitas e vexetais que compoñían as orixinais  cestas de Outono que trouxemos ao cole.

Amais de froitas de tempada como mazás, uvas, marmelos, feixoas, kiwis, pomelos, noces, castañas... tamén topamos diversos  vexetais como berenxenas, cenorias, ravos, cabazas, calacús... Sen esquecer os complementos que achegan ese toque de orixinalidade!

O máis divertido foi a sesión de maquillaxe que fixemos na aula. 
Que emoción! Que caras de Samaín!
   
Xa sabemos que é unha celabración de orixe Celta na que se festexaba o cambio de ano e o inicio dunha estación escura.O emprego das cabazas parece ser unha simbolización das tradicións asociadas aos mortos. Este ano a decoración das cabazas e calacús foi do máis orixinal, algunhas daban calafríos, outras medo, tamén amosaban tenrura, alegría e outras moitas emocións.




Este Samaín está cheo de emocións: alegría, tenrura, tristura, medo ...


No hay comentarios:

Publicar un comentario