Este Samaín estivo cargado de emocións.
Os corredores do cole enchéronse de cestas de outono e cabazas; os alumnos de 6º vagaron polas aulas vestidos de bruxas, zombis, monstros e demais personaxes terroríficos típicos desta época; todas as aulas decoraron as paredes con morcegos, bufos e pantasmas... e nós fixemos unha manualidade que vos vai deixar abraidaos!
CANDIL DE SAMAÍN
Precisamos:
- Un tarro de cristal baleiro (de marmelo, de mel, de iogur..)
- Laca para lámpadas
- Puntilla negra ou outro tipo de decoración
- Vinilo adhesivo de cor negra
- Unha vela
Pasos:
1. Pintar o tarro por fóra con laca de lámpada e deixar secar.
Con moito coidado para aproveitar ben a laca! |
2. Colocar a puntilla no borde do tarro con cola blanca e deixar secar.
Estivemos super concentrados para que quedase moi ben! |
3. Debuxar no vivilo negro as siluetas desexadas (pantasmas, cabazas, morcegos, castelos, árbores tenebrosas...), recortalos e pegalos no tarro.
Hai que ter moito coidado recortando... |
4. Meter dentro una vela, baixar as persianas e... Que bonito!
O resultado é espectacular! |
Aquí vos deixamos unhas fotos do proceso... Pasámolo xenial!
Un obradoiro moi sinsello, pero moi útil e moi chulo. Grazas Irene, por esta montaxe e para o resto dos axudantes tamén.
ResponderEliminarGRAZAS