lunes, 26 de septiembre de 2016

XORNADA DE VENDIMA

O pasado xoves vivimos unha nova actividade fóra da aula. Fomos vendimar!
Recollemos uvas nunha das leiras que lindan coa escola. Que interesante! Cortamos os acios e metémolos en cestos e en  "capazos". No eido había moitas variedades de uvas, unhas brancas e outras tintas, treixadura, mencía, barcelonés, fresa, xerez ...Loli, explicounos que unhas son mellores para sobremesa e outras son máis idóneas para facer o viño.
Recollemos uvas para degustar na aula e outras para facer zume e experimentar coa elaboración do viño.

Imaxe dunha das videiras que hai no eido.
Só nos queda agradecerlles aos propietarios do eido, Loli e Benito, a súa invitación e colaboración desinteresada. Grazas Loli! Grazas Benito!




No hay comentarios:

Publicar un comentario