Para traballar os textos instructivos (que están moi presentes nas nosas vidas) a profe mandounos facer por grupos unha tarta de queixo. Sen axuda!
Parece doado, pero tivemos que ler moi atentamente os pasos, buscar os utensilios de cociña e os ingredientes, pesar, mesturar, bater... Despois, ao rematar, analizamos o texto e aprendemos a estructura, os verbos en infinitivo, o suxeito e o predicado de oracións sinxelas...
Ás veces o máis difícil é poñerse de acordo cos compañerios para decidir quen fai cada paso, quen lava a loza... Porque queremos mandar todos.
Ao día seguinte probámola e estaba deliciosa! Para que digan que aprender non é divertido ;) Aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade para que vexades o ben que o pasamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario