O xoves 16 de abril fomos disfrutar do museo interactivo de Naturnova, en Vigo. Alí, dividímonos en tres grupos para poder pasar por todas as salas.
A primeira sala estaba adicada ao Universo, e nela atopamos información sobre os distintos planetas, sobre o Sol, sobre as galaxias....
Na segunda sala, O planeta Terra, había distintas experiencias: a creación dun tornado, o ciclo da auga, a erosión das rochas...
Na terceira, O home e o seu medio, démonos conta do mal que o home trata a Terra e das posibilidades que temos na nosa man para coidala.
Tamén puidemos disfrutar dunha viaxe nun simulador submariño dunha viaxe polo fondo da Ría de Vigo, coñecendo as especies de plantas e animais que alí habitan.
Aquí vos deixamos un vídeo coas fotos desta marabillosa experiencia :)

No hay comentarios:
Publicar un comentario