lunes, 20 de abril de 2015

DOBRADORES DE CINE!

Hoxe tivemos o pracer de contar no cole con dous grandes artistas, Suso e Manuel (de Fulano, Mengano e Citano), que viñeron traballar con nós sobre a dobraxe de voces no cine, nos debuxos animados, nas series de televisión...

Primeiro explicáronos (dun xeito moi pero que moi gracioso) a importancia que ten facer unha boa dobraxe e, despois, puxémonos mans á obra.

Dobramos ás personaxes dun capítulo de Bob Esponxa que eles prepararon. Foi tan divertido!

A verdade que esta actividade gustounos moito a todos, alumnos e profes :)


No hay comentarios:

Publicar un comentario