O xoves dez de xaneiro fomos a Vigo a visitar o MARCO. Vimos unha exposición chamada "A balea negra".
Todos nós na entrada do MARCO, antes de visitar a exposición |
O nome da exposición ten unha historia. Unha vez, un home alemán que vivía na Costa da Morte, imaxinou que vía unha balea negra aproximarse á costa e destrozalo todo.
Ao día seguinte, un barco chamado "Prestige", cargado de petróleo, afundiuse diante daquela costa. A tripulación salvouse sen feridas. Pero o problema non foi ese; o problema foi que o petróleo contaminou o mar.
Uns días despois, aquel home apareceu morto na súa casa. Din que non morreu pola enfermidade nin pola idade, senon pola pena.
Foto do "Prestige" afundíndose e bandeira de "Nunca máis". |
Na exposición había fotografías e esculturas.
Na primeira sala que visitamos había un montón de carteis e recortes de periódicos; na segunda había fotografías dos voluntarios que ayudaron a limpar as praias e o mar de Galicia; na terceira había unhas esculturas de animais cubertos de petróleo; e na cuarta había unhas máscaras feitas con garrafas de gasolina.
Tamén vimos unha escultura chamda "Movimiento en falso", que simbolizaba o equilibrio que hay que manter no planeta Terra.
Escultura "Movimiento en falso". |
Os animais cubertos de petróleo. |
Sala na que había fotos dos voluntarios limpando a marea negra. |
Cando rematamos de ver as obras, fomos ao "Obradoiro das artes" a facer a nosa propia máscara.
Primeiro grupo coas súas máscaras. |
Segundo grupo coas súas máscaras. |
Unha curiosidade!
Sabíades que antes de ser un museo, este edificio foi unha cárcere?
No hay comentarios:
Publicar un comentario