Ola amigos!
O noso primeiro traballo de plásica foi un portafotos... de cine!
Queremos compartir con vós a nosa idea para que podades facelo nas vosas casas.
MATERIAIS E INSTRUMENTOS
- Unha foto tamaño 15x18
- Cartón
- Goma Eva negra tamaño folio
- Goma Eva branca
- Goma Eva amarela brillante
- La
- Cola branca
- Pegamento
- Tesoiras
- Regra
- Lapis
- Goma
PASOS
1- Pegar a foto no centro da goma Eva negra.
2- Cortar unha tira de goma Eva branca de 3 cm de ancho.
3- Marcar a tira de goma Eva en tramos de 2 cm e cortala.
4- Pegar os trozos de goma Eva branca nos laterales da foto, coma se fose un fotograma.
5- Cortar o cartón do mesmo tamaño que a goma Eva negra (tamaño folio).
6- Marcar dous buratos no medio do cartón para pasar unha la que servirá para colgalo.
7- Pasar a la polos buratos e atala.
8- Pegar a goma Eva negra ao cartón.
9- Marcar unha estrela na goma Eva amarela brillante e cortala.
10- Pegala nunha esquina do fotograma.
Toda a clase cos seus portafotos... listos para colgar! |
Seguro que queda xenial nas nosas habitacións!
Eles foron encantados para casa...
ResponderEliminarQue bonito vos quedou !!!!! Con este resultado ata o máis patoso se anima a facer manualidades.
ResponderEliminar