miércoles, 30 de octubre de 2024

CONTACONTOS POLA IGUALDADE

    O luns, 28 de outubro, asistimos a unha sesión de Contacontos da man de Bea Campos. Os grupos de 2º, 3º e 4º de primaria gozamos coas aventuras de "Daniela Pirata", unha nena que se esforzou moito para ser pirata e amosoulles a tod@s que podía acadar cada un dos retos que se lle esixían. "O libro dos porcos" onde se narra o día a día dunha familia onde a nai ten que realizar todas as tarefas da casa e ao final axundan todos. E por último "Guapa", conto no que os animais danlle consellos á protagonista para que cambie a súa imaxe e resulta que con cambios o Ogro non a recoñece, non lle parece a Bruxa que el esperaba para a súa cita no bosque.




Contos pola igualdade con Bea Campos
   


viernes, 25 de octubre de 2024

OBRADOIROS INTERCICLOS

     Estamos a traballar nun Proxecto sobre os xogos olímpicos. Por grupos, buscando información, solucionando dúbidas ... esperamos poder presentar un traballo interesante e creativo ao final do trimestre. 


                                                                                                                                               
           Obradoiros interciclos!


CONTACONTOS: "A PANTASMA DAS BRAGAS ROTAS"

     Esta semanas asistimos a un contacontos na Aula dos Soños / Aula Creativa. 

    A profe Carmen agasallounos co conto " A pantasma das bragas rotas" e estivemos moi atentos para non perder detalle. 

     O conto, escrito por José Carlos Andrés, sitúanos en Vila "Pesadilla" onde os veciños e as veciñas non poden durmir nin vivir con tranquilidade xa que hai unha pantasma que os asusta constantemente. Entre tod@s terán que pensar en algo para solucionar o problema que está a orixinar "A pantasma das bragas rotas".


Grazas Carmen por obsequiarnos con este conto tan simpático!


viernes, 18 de octubre de 2024

CARTAS DE LIBRINCIOS

     Librincios visitou as aulas do cole e deixounos libros do Itinerario Lector, mochilas viaxeiras e dúas cartas moi interesantes onde se explican actividades que imos realizar na Biblioteca do cole.

    Temos unha tarefa moi bonita para crear a nosa silueta, decorala libremente e logo expoñela na compaña d@s afillad@s lectores. Vai ser moi interesante! Grazas Librincios e conta sempre con nós!


Abrindo as cartas de Librincios!






lunes, 7 de octubre de 2024

CROS ESCOLAR DO VAL MIÑOR

   O venres, 4 de outubro, o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria participou no Capionato Xogade de Campo a través para Centros Escolares 2024-25, fase zonal por aula, na Praia de Ladeira. 

    O Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia e a  Agurpación Deportiva Val Miñor organizaron esta competición destinada ao alumnado dos Centros Educativos do Val Miñor participantes no programa XOGADE.

    A finalidade desta actividade é a dinamización e promoción do Deporte Escolar mediante a participación inclusiva de todo o alumnado co obxectivo de loitar contra o sedentarismo.

    O noso obxectivo foi rematar a proba e pelexar ata o final!!!

                             Ánimo que sodes unhas campioas e uns campións!  Premer na imaxe para visualizar o evento!