viernes, 20 de junio de 2025

PARAOLÍMPICAS

     O xoves, día 19 de xuño, asistimos a unha exposición moi especial, a que realizaron @s compañeir@s de terceiro sobre o esforzo que realizan unhas mulleres extraordinarias para seguir practicando deporte e competindo nas olimpíadas.

    A actividade non só consistiu na presentación desas excelentes deportistas, senón tamén dunha degustación de petiscos e empanada cociñada por eles. 



Moitas grazas pola invitación!