jueves, 10 de mayo de 2018

TRAMPAS PARA VESPAS VELUTINAS


     Esta semana estivemos a facer trampas para as Vespas Velutinas. Esta especie invasora, que está a provocar estragos en Galicia, ataca as abellas autóctonas dun xeito moi agresivo.
     Pensamos que é boa idea colocar trampas en zonas próximas as árbores froiteiras do patio e tratar de atrapar ás invasoras.

     A construción do aparello atrapador de vespas é sinxelo. Precisamos dúas ou tres botellas de plástico, cordel, tesoiras, zume ou bebida doce ... e a supervisión dun adulto.


"Os afillados lectores están moi atentos á explicación"



   

No hay comentarios:

Publicar un comentario