martes, 26 de diciembre de 2017

DOCE NADAL!

Este mes de decembro centramos o traballo de aula en varias actividades relacionadas co Nadal.

Escribimos as nosas cartas aos Reis Magos, para non quedar sen agasallos. Observamos e analizamos varias cartas para dar co formato adecuado e así escribir correctamente as nosas misivas, e puxémonos mans á obra!




Elaboramos dúas postais para felicitar estas festasPuxemos en marcha toda a nosa creatividade plástica e rematamos o traballo escribindo unha mensaxe de felicitación para estas festas.

Unha delas para participar no concurso de postais do cole e felicitar o Nadal a un compañeiro... A quen lle tocará a nosa postal?




A outra fixémola para mandarlla á persoa elixida por nós. Esta vez aprendemos a editar imaxes co programa GIMP (podedes descargalo gratuitamente aquí) e a escribir as datos postais nun sobre. Que ganas de que a reciban os seus destinatarios!





Preparamos a nosa panxoliña para o festival do día 21. Tivemos que buscar panxoliñas, escoitalas para seleccionar a que máis nos gustaba, traducir e inventar estrofas (pois nos gustou unha en castelán e o festival é en lingua galega), deseñar a coreografía, buscar e elaborar o vestiario e ensaiar moito... Aquí vos deixamos unhas fotos do proceso  e o vídeo do resultado!






 

O Papá Noel que se ve no vídeo foi outra das actividades que fixemos, esta vez traballando cooperativamente. Foi difícil elixir un de entre os catro que realizamos!






Tamén fixemos unhas manualidades para a nosa árbore de Nadal: estreliñas, renos, árboriños de Nadal, Papás Noel...
Como a profe non nos explicou como facelos (só nos ensinou unha fotografía), pois tivemos que facelo nós e así traballamos o texto instructivo.







A verdade que o pasamos en grande e trabllamos moito. Só nos queda dicirvos...

RODOLFO E OS SEUS RENOS DESÉXANVOS BO NADAL E UN 2018 CHEO DE MOMENTOS MARABILLOSOS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario