jueves, 19 de octubre de 2017

MÁQUINAS, INVENTOS E TECNOLOXÍA

Durante dúas semanas, na aula de 3º andivemos a voltas coas máquinas, os inventos e a tecnoloxía. Tiñamos moitas curiosidades e moitas ganas de traballar, así que, despois de falar sobre todo o que queríamos saber, a profe nos propuxo catro tarefas para traballar en grupo e aprender xuntos unha chea de cousas.

Premendo aquí podedes ver e descargar as tarefas que realizamos, por se queredes entrar en detalle.

O primeiro paso, foi buscar nos fondas da biblioteca todos os libros útiles para o noso propósito. Atopamos un montón!

A maioría dos libros atopámolos no número 62 da CDU
 
Esta foi a bibliografía empregada para realizar os traballos


Logo, formamos catro grupos e comezamos a traballar en cada unha das tarefas.

TAREFA 1: Busca documental

Precisabamos buscar información relevante para comprender mellor que é unha máquina, a clasificación das mesmas, cómo funcionan, que enerxía empregan...
Nos libros e neste blogue atopamos todas as respostas ás nosas preguntas!

Nos libros e na Web atopamos toda a nformación que precisabamos

TAREFA 2: Realizar un cartel sobre unha máquina complexa

Despois de elixir a máquina dun xeito consensuado polo grupo, puxémonos mans a obra e buscamos información sobre ela: quen e cando se inventou, que partes ten, como funciona, cal son as vantaxes e inconvintes que ten...
Elaboramos uns carteis estupendos!

Traballar en grupo implica poñerse de acordo para tomar decisións, repartir o traballo, prestar axuda...

TAREFA 3: Representar nunha liña do tempo a evolución dunha máquina (invento)

Esta foi unha das partes máis complicadas, pois primeiro tivemos que entender a liña do tempo e despois situar nela os distintos momentos da evolución do invento elixido...
O barco, o avión, o coche e o globo foron as catro máquinas que traballamos. 

Non quedou nada mal, verdade?

TAREFA 4: Construír unha máquina simple

Coa axuda duns titoriais de Internet, fomos quen de construír as catro máquinas simples que deron lugar á invención doutras moitas máis complexas: a polea, o plano inclinado, o torno e a panca.
Tiñamos na aula todos os materiais que precisabamos e traballamos en equipo para acadar o mellor resultado posible!

Con estas maquetas podemos comprender perfectamente o funcionamento de cada unha das máquinas simples.

Cando todos os grupos pasamos por todas as tarefas, chegou a hora de expoñer o traballo e contar todo o que aprendimos ao longo do proceso (incluídos os obstáculos que atopamos).




Non é doado poñerse diante de todos e falar, pero non o fixemos nada mal!

Un GRAN TRABALLO, chicos!

12 comentarios:

  1. Gustoume moito ver aos meus alumnos aprender en equipo :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. a min tanben me gustou moito traballar en equipo pepita sanchez

      Eliminar
  2. foi moi divertido traballar co as maquinas

    ResponderEliminar
  3. La profe es mui buena y nos pone trabajos mui chulos que nos divierten CAROLINA UXIA

    ResponderEliminar
  4. nos costou un pouco kira e paula

    ResponderEliminar
  5. Nos gustounos moito a tarefa da maquina simple

    ResponderEliminar
  6. Nos gustou moito traballar en equipo.ALE e MAR.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. es que nos encanto fue un poco duro por las prisas pero alfinal lo consegimos pepita

      Eliminar
  7. Ami me a gustado mucho hacer las makuinas co o meu grupo

    Ian Hugo p

    ResponderEliminar
  8. Foi unha sorpresa pensavamos que era todo esamen pro asmaquinas nos dibertiunos moito kira y paula

    ResponderEliminar
  9. me gusto me moito a tarefa de ponerle los nonbrs aos persoases

    ResponderEliminar