miércoles, 11 de diciembre de 2013


Levamos dúas semanas traballando nun proxecto moi interesante: a creación das nosas propias bolechas.

Para poder levalo a cabo, pasamos por tres fases:

1. Deseño dos moldes. 
Usamos plastilina, como se fora masa de bolecha, para crear os nosos deseños propios. Quedaron chulísimos!

2. Impresión en 3D.
Veu ao cole Xoan coa súa impresora 3D para converter os nosos debuxos en moldes reais. Que espectacular!

3. Elaboración das bolechas.
Vero axudounos a facer a masa e a decorar as nosas bolechas. estaban boísimas!

Aquí vos deixamos un vídeo para que podades ver canto aprendemos e o ben que o pasamos. Premede na imaxe para velo.

Agora xa temos bolechas exclusivas!!!

Creando bolechas de vainilla

No hay comentarios:

Publicar un comentario