Este martes visitamos o Castro de Santa Trega que se atopa na Guarda. Viaxamos en autobús ata o Monte e ao chegar ao Castro estaba esperando por nós un guía para explicarnos a vida dos castrexos, a organización das construcións, os costumes daquela época, os produtos que sacaban da terra, do mar, do río ...
Entramos nunha das vivendas reconstruídas e intentamos imaxinar como era a vida naqueles poboados fortificados.
Participamos activamente con preguntas moi interesantes!
@s arqueólog@s atoparon o lugar onde había restos de cereais,
cunchas de moluscos, espiñas de peixes, ósos de animais ...
No museo puidemos ver muíños de man,
recipientes de cerámica, adornos,
pezas metálicas, xoias ...


