Xa expuxemos o noso Proxecto sobre as Lendas no Camiño. Traballamos arreo en obradoiros interciclos buscando información sobre o Camiño Portugués pola costa, as lendas que se coñecen en distintos lugares, as características dos peregrinos ...
Preparamos unhas entrevistas para realizar en Santa Maria de Oia, na Ramallosa e no traxecto que iamos percorrer pola costa pero ao non poder realizar a saída por mor do tempo, choivas abundantes e ventos fortes, non quedou outra que realizar as entrevistas nós mesmos. Ao final resultou moi divertido e pasámolo ben. Só nos queda facer a excursión cando veña o bo tempo!!!
Premer na imaxe para visualizar a montaxe!
A lenda da Virxe do Mar, Santa María de Oia



