lunes, 5 de mayo de 2025

XOGOS POPULARES VAL MIÑOR

     Hoxe, o alumnado de 4º de primaria, tivemos unha xornada de xogos populares no campo das Cercas en Gondomar.

    Puidemos xogar á corda, á goma, cos zancos, con trompos, con aros, carreiras de sacos, a chave, a ra, as lombas ....  e compartir xogos co alumnado de cuarto de primaria dos centros do Val Miñor. 

    O transporte dos centros de Gondomar foi subvencionado polo Concello. 

 

                         





Temos que agradecer a Rosquillas Ancla e Agua Sana a súa colaboración neste evento!