Hoxe, 23 de abril, é especial xa que se celebra o Día Internacional do Libro.
Todos os días realizamos sesións de lectura, xa sexa na aula, no patio, na biblio ... pero hoxe a profe Carmen leu para tod@s nós un conto moi fermoso dun escritor recentemente falecido, Mario Vargas Llosa, titulado "Fonchito y la luna" e ilustrado por Marta Chicote.
Fonchito vive as emocións do primeiro amor e descobre que non hai nada que non se poida facer por un ser querido, incluso se nos pide a Lúa.
Grazas Carmen por contarnos as emocións que sente Fonchito!!!