Estamos nunhas datas moi especiais nas que podemos emocionarnos e soñar! Aproveitando a maxia e a ilusión escribimos unhas cartas e deixámolas no buzón de correos que está en Vincios.
Escribimos un pequeno texto, fixemos uns debuxos, metemos todo nun sobre e puxemos unha dirección, sen esquecer engadir un selo para que @s carteir@s poidan facelas chegar ao seu destino.