O venres, 4 de outubro, o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria participou no Capionato Xogade de Campo a través para Centros Escolares 2024-25, fase zonal por aula, na Praia de Ladeira.
O Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia e a Agurpación Deportiva Val Miñor organizaron esta competición destinada ao alumnado dos Centros Educativos do Val Miñor participantes no programa XOGADE.
A finalidade desta actividade é a dinamización e promoción do Deporte Escolar mediante a participación inclusiva de todo o alumnado co obxectivo de loitar contra o sedentarismo.
O noso obxectivo foi rematar a proba e pelexar ata o final!!!
Ánimo que sodes unhas campioas e uns campións! Premer na imaxe para visualizar o evento!