Este luns fixemos un percorrido polos arredores do Río Zamáns ao seu paso por Vincios. Aproveitamos a saída para coñecer plantas, arbustos e árbores que medran na ribeira do Zamáns. Tamén puidemos ver uns muíños en ruínas e unhas pontes de pedra.
Merendamos no monte, recollemos herbas e follas para prensar e fixemos un herbario con vexetación da zona do río. Tamén observamos esporas nas follas dos fentos.