viernes, 17 de mayo de 2024

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

     Un ano máis celebramos o Festival das Letras Galegas onde o alumnado do centro baila, canta, escenifica, presenta ... Unhas actuacións para lembrar este día tan especial para as galegas e os galegos.

    Tamén nos sentimos moi ben ao saber que as familias están invitadas e serán as testemuñas das nosas creacións.

    O alumnado de 3º de Primaria realizamos unha posta en escena da canción "Tataravoa" de Fillas de Cassandra e o alumnado de 4º de Primaria escenificamos unha obriña teatral, creación propia, sobre a vida da autora homenaxeada este ano, Luísa Villalta Gómez.

Premer na imaxe para visualizar as actuacións!

Grazas a tod@s por participar no Certame Literario "A Xoaniña" e noraboa aos agasallad@s: 
"O Verán da xoaniña", 3º curso, Asier, Aitana, Carlota e Miguel.
"A muller e o gato", 4º curso, Alicia e Lidia.

Premer na imaxe para visualizar a entrega de premios!