martes, 16 de abril de 2024

UN DÍA CON CÓMPLICES

     Hoxe foi un día moi especial, recibimos a visita de María e Teo, compoñentes do Dúo Cómplices, grazas a invitación de Yago.

    Foi unha honra telos no cole. Amosámoslle as aulas, fixémoslle unha pequena entrevista e gozamos das súas voces nunha audición no Salón de Actos.

    Ao final conseguimos uns autógrafos nas axendas e desexámoslle moita sorte na súa próxima xira.

    Moitas grazas!  

Premer na imaxe para visualizar o evento!