jueves, 25 de abril de 2024

MONTANDO UN COMPOSTEIRO

     Este mércores os alumnos e as alumnas de 3º e 4º de Primaria montamos un composteiro no patio de Infantil. Tivemos que colocar todas as pezas no chan, separar a tapadeira, agrupar as partes semellantes e tratar de que cadrasen. 

    Pois ben, fomos quen de compoñer o aparello e xa só nos falta poñelo en funcionamento!


Estas imaxes amosan o proceso de elaboración do crebacabezas. Ao final conseguímolo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario