A semana pasada invitamos aos compañeiros de ciclo e as aulas de infantil a visitar a exposición de minerais que temos no corredor e na aula de 4º de primaria.
Amosamos as rochas magmáticas, as sedimentarias e as metamórficas que temos na clase. Tamén ensinamos algúns minerais e as características principais dalgunhas rochas. Experimentamos coa pumita que flota na auga, a magnetita que é atraída por un imán, as rosas do deserto que se forman a partir de cristais de xeso e grans de area, raiamos o talco coa unlla, etc.
@s invitad@s estiveron moi atent@s!
Premer para visualizar!