Para celebrar como se merece o Día
Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, as nenas e
nenos de 3º e 4º de Primaria fixeron para
todos nós estes fermosísimos murais. Nun deles, lembramos as
valiosísimas aportacións que mulleres tan importantes como Marie Curie ou a
galega Antonia Ferrín Moreiras fixeron en diferentes campos do saber nuns
momentos nos que as mulleres tiñan moitas trabas para poder exercer a súa
paixón polas ciencias e a investigación.
Como non podían faltar as Científicas e
Científicos do Futuro, aquí tendes unha pequeniña mostra das mentes que van a
abanderar os grandes descubrimentos vindeiros, que xa empezan a
xerminar nestas cabeciñas desexosas de cambiar o mundo... E todas elas están no
Serra-Vincios!!
E... para rematar a celebración deste Día, e que o valor destas mulleres nunca se esqueza, Librincios está a piques recibir na Biblio uns libros marabillosos onde poderedes descubrir moitas máis cousiñas interesantes destas grandes mulleres de ciencia. Estade antentos e atentas!! Agardamos por vós na Biblio!!.