Ingredientes:
- 500 g de marmelo con pel e sen sementes
- 500 g de azucre
- Un limón sen pel e sen sementes
Empezamos lavando moi ben os marmelos. A seguir cortámolos e quitámoslle as sementes.
Pesamos o marmelo e tamén o azucre. Pelamos o limón e retiramos as sementes.
Trituramos todos os ingredientes e cociñamos 30 minutos a 100 ºC. Se o facemos de xeito tradicional temos que remover constantemente para que non se pegue na tarteira.
Unha vez cociñado, vertémolo nunha bandexa e deixámolo arrefriar.
Preme na imaxe para visualizar a tarefa!
Que aproveite!