Seguimos a experimentar coa auga, os cambios de estado e as distintas densidades que amosa a auga doce e a auga salgada.
Esta semana comprobamos que dependendo da superficie onde poñamos o xeo a fusión será máis lenta ou máis rápida. O xeo que estaba sobre madeira tardou máis tempo en derreter que o que estaba sobre os moldes de aluminio.
Tamén comprobamos que a auga doce, tinguida previamente, flota sobre a auga salgada.
Premer na imaxe para visualizar o experimento coa auga doce e a auga salgada.